Sábado, 30 Diciembre 2017 08:23

Somos, fomos e seremos nós

Escrito por Anita Guerra

Estamos a piques de rematar o ano. Un ano moi complicado no deportivo que vai deixarnos, ademáis do sabor amargo de ver ao noso equipo nos postos de descenso, a mala sensación de que a xente se está mosqueando có de á beira que, en realidade, teñe o mesmo pensamento que un. E iso é algo que non podemos consentir e que debemos combater con forza.

É certo que, dalgunha maneira, a responsabilidade é tamén nosa. O é por tensar a corda da paciencia ata ver cómo está a un milímetro de romper. Por tragar, unha e outra vez, con caralladas. Aínda que en realidade, niso consiste o amor cego.

A nosa relación cos responsables do clube nestos momentos, e dende os últimos anos, lémbrame a aquelas parellas nas que un descobre que o outro lle foi infiel. O cornudo perdoa por salvar unha familia, un sentimiento ou pola apatía de non poñerse a pensar de maneira egoísta e salvarse a sí mesmo. Quizais, por non armar unha rifa precipitada. Perdoa unha e otra vez. Ata que non pode máis.

É o momento de facer autocrítica. Xa que non a fan quenes deben –aínda que eu, dende aquí, convídolles a que o fagan e que ista sexa pública-, fagámoslo nós. A fin de contas somos aos que nos importa de verdade, entre tanto termo mariñeiro que vai levar ao barco a pique, achicar a auga que está encharcando a nosa cuberta. E non damos feito a facer fronte ás tempestades que nos azoutan.  

Só así, có determinación e cabeza, seremos capaces de comenzar unha nova travesía coincidindo co inicio dun novo ano.

O que non pode seguir consentíndose e que, once figuritas de futbolín que xogan connosco á ruleta rusa cada tempada, fódannos o Nadal e a existencia. Xa van moitas… Demasiadas… Eu tiña pensado ir a Vilarreal, porque é un lugar que, aínda que nas dúas derradeiras campañas fose escenario de salvación agónica, no fondo tráeme bos recordos. Pero, despois de facer o esforzo de meterme entre peito e costas 1.400 quilómetros en 48 horas –se me perdo a Noiteboa en familia despois de ver a merda de partido do 23 de decembro, a miña nai fártase de darme hostias… e con toda razón- mentras outros non respéctannos e non demostran profesionalidade no encontro, de lonxe, máis importante do ano, creo que non merece a pena.

Como tampouco o merece que discutamos entre nós que, a fin de contas, pensamos igual no fondo da cuestión –con sutís diferenzas que non deben conducir, xamáis, ao cabreo cun deportivista nin, moito menos, cun amigo-, remamos na mesma dirección e entendemos o significado desta paixón.

O Dépor somos, fomos e seremos nós. Os que sí entendemos que este escudo ten 111 anos de orgullosa historia.

¡Bo 2018! Pero que o sexa de verdade, por favor…

‘Bonus track’

Se permíteseme, quero rematar 2017 felicitando e agradecendo a todos e cada un dos membros da nosa Federación de Peñas. Eles, que fan un traballo titánico, sí que son uns profesionais dos pés a cabeza. Ollo que, ademáis, son profesionais sen soldo: só móvense polo amor a unhas cores.

Que xámais ninguén vos faga dubidar. Tocouvos lidiar cunha época puñeteira, pero tedes o apoio da xente. E iso é algo que ninguén presidente nin director deportivo vai poder robar. Polo menos, aquí hai dúas máis leias, media cabeciña e un corazón disposto a matar por vós. Onde e cando sexa.

Vós sodes a verdadeira xente mariñeira.

 

 

joomla компоненты

/